lunes, 16 de mayo de 2011

Tanti Auguri!

Soou Rafaella Carrá na after party do Rheinterrasse de Düsseldorf. Quizais como chisco á volta de Italia ao rego logo de 14 anos fóra da casiña común e centrados no seu Sanremo. A cousa foilles tan ben case como para faltar 14 anos e este que teñen aquí a carón de Lucía é Rafael Gualazzi, segundo no ESC2011 e gañador moral para moitos. Cando a nosa lle deu os parabéns ---"Enhorabuena"--- dixo en castelán ela; un compatriota de Gualazzi deixou ver o colmillo afiado e dixo: "¿Que está buena? Pues claro que está buena".
Por certo!!! Demóslle sorte os xornalistas galegos ao italiano á hora do almorzo e saiulle ben cumpridiño o buon giorno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario