lunes, 16 de mayo de 2011

Tanti Auguri!

Soou Rafaella Carrá na after party do Rheinterrasse de Düsseldorf. Quizais como chisco á volta de Italia ao rego logo de 14 anos fóra da casiña común e centrados no seu Sanremo. A cousa foilles tan ben case como para faltar 14 anos e este que teñen aquí a carón de Lucía é Rafael Gualazzi, segundo no ESC2011 e gañador moral para moitos. Cando a nosa lle deu os parabéns ---"Enhorabuena"--- dixo en castelán ela; un compatriota de Gualazzi deixou ver o colmillo afiado e dixo: "¿Que está buena? Pues claro que está buena".
Por certo!!! Demóslle sorte os xornalistas galegos ao italiano á hora do almorzo e saiulle ben cumpridiño o buon giorno.

a rapiña

Rematou a festa e aquí están algún repartíndose os restos do material promocional que os xornañistas acreditados deixaron nos seus casilleiros. Chegoulle a alguén un disco ou algo (o que sexa) dos moldavos? Unha perruca de Jeward? Un caravel dos Homens da Luta? As cirolas dos Blue? O eye liner do georgiano?

domingo, 15 de mayo de 2011

Acerbaián!!!!!????? WTF

 
Esta moza de medio soriso é unha xornalista azerí que celebra que Elle e Nikki gañaron Eurovisión 2011. Poucos acreditan no centro de prensa a noticia e hai quen torce o fuciño. Acerbaián ingresou na Eurovisión en 2008 e inistitiu moito en ter a súa victoria. Disque foi unha canción comprada ao golpe de talonario aos trapicheiros suceos de facer ESChits e as malas linguas contan que Elle e Nikki nin se dirixen a palabra. Levan coristas suecas que participaron na preselección no país de Abba, por certo. Sexa como for, que diría o outro, entre a comunidade gai afín e seguidora do festival o de pensar en viaxar a un sitio onde non son precisamente homofriendly dá bastante repeluco.

sábado, 14 de mayo de 2011

conversa de chicas no baño...

Como nas festas do instituto; as maires verdades do centro de prensa de Eurovisión cóntanse no baño das chicas. Esta compañeira xornalista alemá amáñase para que Lena gañe. Non entende porque tanta xente lle quere facer fotos. Por certo, este é o único sitio onde a cola está nos aseos dos homes!!!

o outro pérez de düsseldorf

A mediodía, ao cambiar o travía polo metro para achegarme ao Esprit Arena, dei co outro Pérez de Düsseldorf: Spanische Spezialitäten. Ten viños de Rioja e sevillanas das se poñer sobre o tapete da tele, ese complemento tan bonitiño que caeu no esquecemento coa moda das pantallas planas. Quixen falar co tal Pérez de Düsseldorf, pero pecha ás 13.00 horas.
Por certo, qué me dicides de 'Le Connaisseur'. Isto si que é un 'false friend'!!!!!!!!!; o demais, contos.

bandera, bandera (dous)

Aquí os redactores de Eurovision Spain. Acábanme de ensinar un vídeo de Lucía Pérez onte no Euroclub e, a verdade, a parroquia ESCfanática está a morte con ela. A min xa me parecía que esta moza era unha boa compañeira de festa cando lle lin un twitt que dicía, aproximadamente: "Co gin tonic" de despois de 'Luar'. Se onte tomou un no Quartir Bohème tenno ben merecido, porque está facendo un traballo de porta con porta cos seus futiros votantes que xa o quixeran para si moitos do sindicato de alcaldes nesta campaña das municipais sen inauguracións. Eurovisión Spain é un portal de referencia do mundo hispano e cóntame o seu redactor que a do Incio é "lo mejor". "Si llevase un tema tan emocionante como el 'Lela' que ha cantado en los actos con la prensa...", engade. 

os estonios!!!

Parte masculina dos estonios. O que siguen con tanto interese é a final do campionato de baloncesto do por aló. Seica gañan os seus e están ben contentos... Como tamén dea o pelotazo a de 'Rockefeller Street', estes non dormen. A que captura o momentazo é a alemana que me preguntou por Lena.