sábado, 14 de mayo de 2011

bandera, bandera (dous)

Aquí os redactores de Eurovision Spain. Acábanme de ensinar un vídeo de Lucía Pérez onte no Euroclub e, a verdade, a parroquia ESCfanática está a morte con ela. A min xa me parecía que esta moza era unha boa compañeira de festa cando lle lin un twitt que dicía, aproximadamente: "Co gin tonic" de despois de 'Luar'. Se onte tomou un no Quartir Bohème tenno ben merecido, porque está facendo un traballo de porta con porta cos seus futiros votantes que xa o quixeran para si moitos do sindicato de alcaldes nesta campaña das municipais sen inauguracións. Eurovisión Spain é un portal de referencia do mundo hispano e cóntame o seu redactor que a do Incio é "lo mejor". "Si llevase un tema tan emocionante como el 'Lela' que ha cantado en los actos con la prensa...", engade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario