lunes, 16 de mayo de 2011

Tanti Auguri!

Soou Rafaella Carrá na after party do Rheinterrasse de Düsseldorf. Quizais como chisco á volta de Italia ao rego logo de 14 anos fóra da casiña común e centrados no seu Sanremo. A cousa foilles tan ben case como para faltar 14 anos e este que teñen aquí a carón de Lucía é Rafael Gualazzi, segundo no ESC2011 e gañador moral para moitos. Cando a nosa lle deu os parabéns ---"Enhorabuena"--- dixo en castelán ela; un compatriota de Gualazzi deixou ver o colmillo afiado e dixo: "¿Que está buena? Pues claro que está buena".
Por certo!!! Demóslle sorte os xornalistas galegos ao italiano á hora do almorzo e saiulle ben cumpridiño o buon giorno.

a rapiña

Rematou a festa e aquí están algún repartíndose os restos do material promocional que os xornañistas acreditados deixaron nos seus casilleiros. Chegoulle a alguén un disco ou algo (o que sexa) dos moldavos? Unha perruca de Jeward? Un caravel dos Homens da Luta? As cirolas dos Blue? O eye liner do georgiano?

domingo, 15 de mayo de 2011

Acerbaián!!!!!????? WTF

 
Esta moza de medio soriso é unha xornalista azerí que celebra que Elle e Nikki gañaron Eurovisión 2011. Poucos acreditan no centro de prensa a noticia e hai quen torce o fuciño. Acerbaián ingresou na Eurovisión en 2008 e inistitiu moito en ter a súa victoria. Disque foi unha canción comprada ao golpe de talonario aos trapicheiros suceos de facer ESChits e as malas linguas contan que Elle e Nikki nin se dirixen a palabra. Levan coristas suecas que participaron na preselección no país de Abba, por certo. Sexa como for, que diría o outro, entre a comunidade gai afín e seguidora do festival o de pensar en viaxar a un sitio onde non son precisamente homofriendly dá bastante repeluco.

sábado, 14 de mayo de 2011

conversa de chicas no baño...

Como nas festas do instituto; as maires verdades do centro de prensa de Eurovisión cóntanse no baño das chicas. Esta compañeira xornalista alemá amáñase para que Lena gañe. Non entende porque tanta xente lle quere facer fotos. Por certo, este é o único sitio onde a cola está nos aseos dos homes!!!

o outro pérez de düsseldorf

A mediodía, ao cambiar o travía polo metro para achegarme ao Esprit Arena, dei co outro Pérez de Düsseldorf: Spanische Spezialitäten. Ten viños de Rioja e sevillanas das se poñer sobre o tapete da tele, ese complemento tan bonitiño que caeu no esquecemento coa moda das pantallas planas. Quixen falar co tal Pérez de Düsseldorf, pero pecha ás 13.00 horas.
Por certo, qué me dicides de 'Le Connaisseur'. Isto si que é un 'false friend'!!!!!!!!!; o demais, contos.

bandera, bandera (dous)

Aquí os redactores de Eurovision Spain. Acábanme de ensinar un vídeo de Lucía Pérez onte no Euroclub e, a verdade, a parroquia ESCfanática está a morte con ela. A min xa me parecía que esta moza era unha boa compañeira de festa cando lle lin un twitt que dicía, aproximadamente: "Co gin tonic" de despois de 'Luar'. Se onte tomou un no Quartir Bohème tenno ben merecido, porque está facendo un traballo de porta con porta cos seus futiros votantes que xa o quixeran para si moitos do sindicato de alcaldes nesta campaña das municipais sen inauguracións. Eurovisión Spain é un portal de referencia do mundo hispano e cóntame o seu redactor que a do Incio é "lo mejor". "Si llevase un tema tan emocionante como el 'Lela' que ha cantado en los actos con la prensa...", engade. 

os estonios!!!

Parte masculina dos estonios. O que siguen con tanto interese é a final do campionato de baloncesto do por aló. Seica gañan os seus e están ben contentos... Como tamén dea o pelotazo a de 'Rockefeller Street', estes non dormen. A que captura o momentazo é a alemana que me preguntou por Lena.

escapoume un "taken by a stranger"

mentres traballaba e unhna rapaza alemá que pasaba por aquí preguntoume que como fago tal cousa se alemana non son. Os estonios, ben; grazas; volvín canda eles. Más pronto ca tarde, fotos.

sacaría Lena o carné de conducir?


A chavalada de por aquí está que tolea con Lena; a rapaza que o ano pasado se laiaba de ser so satélite dalgún mangallón e que este ano seica anda poseída por un extraño. Un tema raro e ben producido, de máis calidade có do ano pasado. Ela; ademais, canta mellor (aínda que a súa voz falada sexa un pouco horrenda). Con todo, case ninguén a dá por gañadora.

viernes, 13 de mayo de 2011

e unha de autobombo....

É destas que pasas polo lector despois do cacheo. Todos os días.

dúbida resolta!

Xa sabemos para que a laca do kit de acreditado!!!: para facerlle o peiteado ahucedao a Amaury nas fotos oficiais. A este muchacho corso póñeno moi viejuno!!!

conos contra tupés

Rescato da rolda de prensa da segunda semifinal. Á súa esquerda, Moldavia, cun atuendo capilar que me trae louca e unha das cancións favoritas desta cronista sensible aos megáfonos e aos acordeóns. Á dereita, os xemelgos irlandeses Jedward, sempre pintando a mona; sempre feitiños, os favoritos de case todo o mundo. 'So lucky' ou 'Lipstick'?

Desde Düsseldorf...

...ao Incio
"Queridos avós; estou feliz de darvos alegrías
e espero que na distancia esteades disfrutando coma min aquí. Cerebrarémolo axiña todos xuntos pase o que pase. Non fagades nervios, que eu vou estar tranquila".

Non é un sol esta pequena?

celebrities!!!!!!!!!


Laura Casares e o equipo da TVG non para, a verdade. Están agora a facer a conexión en directo para Luar desde o Messe, que así é como se chama o espacio feiral da capital de Westfalia. Estes días, ademais de perforance "mamarracha" célebrase algo tan apaixoante como una feira de mostras de fabricantes de tetra-brik, que poden mudar o futuro do Don Simón. Na segunda foto, Laura e Óscar Cabaleiro, experto eurofán de orixes melidás que nos está a axudar nesta aventura por Mitteleuropa. Guapos!!!!

maio, mes das flores

Esta moza que aquí vedes con este tocado floral é unha integrante da delegación ucraína, que traen este souvenir tan vistoso e apropiado.

que foi de...

... Anabel Conde, aquela que quedou segunda en 1995?
Pregúntame iso estes compañeiros na liña de metro U78 ata o Esprit Arena. Cando lles digo que é practicamente desconocida, que non chegou a callar unha carreira nao acreditan: "Pero como pode ser!!!" protesta o cabaleiro da bandeira da Unión, e canta: "Daale a este invierno caaaaaaaalor". Gustoulle 'Dime' de Beth. Pregunta que qué signica iso de 'Que me quiten lo bailao'. É "polite", fala ben de Lucía, pero cree que a fórmula da canción sinxela xa gañou o ano pasado...

estamos a todo...

...Y al carallo! Un colega irlandés no centro de prensa. Disque está aquí todos os netos de Ith.

e máis inimigos (son bromas entre compañeiros)

Os cámaras da televisión pública alemá, nun claro chisco a Lena e os seus bailaríns... a ver se cunde o exemplo nas roldas con canon femia da Dipu!! Serían moito máis vistosas, ondevaiparar...

confraternizando co inimigo

Uns colegas xornalistas franceses na sala de cátering. Están felices con Amaury, pero non queren lanzar as campás ao aire.

volvemos funcionar?

A merenda do eurofán

jueves, 12 de mayo de 2011

segunda semifinal e....

...bandera, bandera, que diría o grandísimo Tony Lomba, quen, por certo sería unha boísima opción para Eurovisión

tensión?

Concentración entre os compañeiros da prensa que teñen semifinais esta noite. Quen dixo que isto non era máis ca troula?

sesión vermú amenizada por... sjonni's friends

Velaquí os representantes de Islandia, Sjonni's Friends, que logo de clasificarse para a gran gala do sábado na primeira semi botaron a mañá no centro de prensa para facernos a mañá máis levadeira aos manzanillos. Ben cantanda a 'Coming home' deste ano e moi simpáticos eles. Actuarán xusto antes de Lucía Pérez o sábado e din os entendidos que iso beneficiará á galega: unha canción movida logo dunha máis pausada e a xente, con gana de festa. Que así sexa!

o centro de prensa

Moito che traballa esta xentiña (e que calados todos!!!). Case como na redacción nosa a certas horas da tarde...

miércoles, 11 de mayo de 2011

en westfalia

Por fin! logo dun duro día de viaxe; na capital de Westfalia; montes e moreas de eurofanáticos; que gana de escoitar en vivo iso de guaominí, du puans

aló vou

Esta noite hei d'ir aló, que cantaban os Diplomáticos. En modo eurofán para contarlles o Eurovision Song Contest.